Archive for the ‘a prender’ Category
Espazo colaborativo con propostas para traballar as actitudes
Posted in a prender, recursos on Xullo 16, 2007| Leave a Comment »
Proposta de banco de actividades
Posted in a prender on Marzo 27, 2007| Leave a Comment »
Faise preciso aproveitar as tarefas colaborativas e de investigación que propoñen moitas webquest (non todas) de lingua e literatura. Os roles -xornalistas, recitadores/as, biógrafos, guías turísticos, etc.-, o tipo de labores a realizar e a forma de aproveitar materiais e recursos son ben plurais e motivadores, adaptábeis a outros traballos, con e sen tecnoloxías da comunicación e información.
Por iso estaría ben contar cun banco de actividades realizado a partir da revisión de diversas webquest no que se recollan eses datos e as fontes correspondentes. Algúns enderezos a visitar serían os seguintes:
Comunitat catalana de webquest
InstantWebquest galegoportugués e español
Bitácora sobre webquest en español
O banco pode ser unha boa base para o deseño e a experimentación na aula de actividades innovadoras. Leva o seu traballo, mais pagaría a pena.