As CiberIrmandades da Fala organizan envíos (individuais) a webs de institucións, empresas ou particulares solicitando o uso do galego. Con preto dun cento de obxectivos, o incorporado recentemente é Yoigo, empresa de telefonía móbil que ignora a existencia da lingua galega. Tamén conta, entre outras cousas, cun buscador de empresas galeguizadas.
Avaliaxe presenta un cento longo de empresas e institucións galegas ou radicadas en Galiza clasificadas polos cibernautas segundo o respecto aos dereitos lingüísticos e ofrece a posibilidade de incluír comentarios sobre cada unha delas ou enviar queixa (colectiva).
No campo da información, son fundamentais, por suposto, AMesa e o Centro de Documentación Sociolingüística e de moito proveito a perspectiva crítica do blog Galegolandia.