Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Xaneiro 2007


Aloxada en InstantWebquest, está enfocada para o traballo de diversos tipos de texto, para a reflexión sobre as propiedades textuais da adecuación e cohesión e mais para a análise da obra de Uxío Novoneyra e do seu contexto. En 4º da ESO.
Se non se dispón de recursos, como soe ser habitual, pode ser adaptada para o traballo na biblioteca (a respecto dalgunhas cuestións atoparase aí, con seguridade, máis e mellor material que na rede) e na aula.
As suxestións son benvidas, por suposto.

Read Full Post »


En slideshare.

Aquí pódese ver ampliado en flash.swf

Read Full Post »


No traballo da sociolingüística no ensino, penso que todos e todas coincidimos en que é fundamental implicar o alumnado na defensa activa (coñecemento valorativo, reclamación e exercicio) dos dereitos lingüísticos nos distintos ámbitos sociais, mais non sempre se atopan as fórmulas e camiños axeitados. Porén, experiencias interesantes coma esta, saídas con traballos de campo ou accións puntuais (por exemplo, Galiciadixital mereceu non poucas), cartas e declaracións colectivas e mesmo campañas de denuncia son deseñadas e organizadas desde as propias aulas. Actividades que poden ser acompañadas -contando coas limitacións materiais, ás veces enormes, dos centros- polo ciberactivismo. Un falar:

As CiberIrmandades da Fala organizan envíos (individuais) a webs de institucións, empresas ou particulares solicitando o uso do galego. Con preto dun cento de obxectivos, o incorporado recentemente é Yoigo, empresa de telefonía móbil que ignora a existencia da lingua galega. Tamén conta, entre outras cousas, cun buscador de empresas galeguizadas.

Avaliaxe presenta un cento longo de empresas e institucións galegas ou radicadas en Galiza clasificadas polos cibernautas segundo o respecto aos dereitos lingüísticos e ofrece a posibilidade de incluír comentarios sobre cada unha delas ou enviar queixa (colectiva).

No campo da información, son fundamentais, por suposto, AMesa e o Centro de Documentación Sociolingüística e de moito proveito a perspectiva crítica do blog Galegolandia.

Read Full Post »